dec. 12, 2014, 8:32 p.m.
A Asociación Profesional XORNAGA naceu no ano 2001 co fin de defender e promover a titulación do Ciclo Superior.
Dende entón mantivéronse diversas reunións cosas consellerías de Facenda, Medio Rural e Medio Ambiente, durante os diferentes gobernos da Xunta, de cara a que se convocasen os procedementos de contratación tanto de laboral como de funcionario tendo en conta a nosa titulación.
Cando non houbo vontade política ó respecto a asociación emprendeu accións legais contra os diferentes procedementos que consideramos danaban ós titulados.
2003 Oposición de Xefes de Cuadrilla, onde permitía o acceso incluso sen ningunha titulación e gañada parcialmente.
2006 Promoción interna Axentes Forestais, pois nesta non se contemplaba o acceso libre, que foi desestimada.
Con respecto a esta última oposición de Axentes Facultativos Medioambientais, XORNAGA leva anos mantendo reunións coas consellerías implicadas solicitando a convocatoria do procedemento e defendendo o requisito da titulación antes e despois da convocatoria, denunciando incumprimentos tanto diante do Tribunal do proceso selectivo como da Dirección Xeral da Función Pública.
XORNAGA apoia as recentes demandas dos sindicatos e APRAFOGA para que o Ciclo Superior sexa requisito imprescindible para o acceso á escala de Axentes Facultativos Medioambientais, pero non está presente nesta plataforma porque nunca foi chamada a formar parte dela ó contrario do que se ten dito nalgúns foros.
XORNAGA si foi convocada e forma parte da Plataforma do persoal laboral de incendios.
XORNAGA segue a traballar pola defensa da titulación e apoia tódolos actos que con este fin teñan lugar aínda non estando presente como asociación.