Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Política de cookies.

gal  |  esp

 
 
 

xornaga


 

xornaga é unha asociación profesional formada por técnicas e técnicos en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos da comunidade autónoma de Galicia, sen afán de lucro, plural e independente.

 

 

Un pouco de historia:

 

Nace a comezos do ano 2001 froito das inquedanzas dun grupo de alumnos do ciclo formativo de grao superior do I.E.S. da Terra Chá, en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo.

 

Co transcurso do tempo iranse incorporando a esta asociación, mozas e mozos de toda Galicia co eixo común de estudaren a titulación de Técnico/a superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, en calquera dos sete actuais centros de formación agroforestal da comunidade autónoma galega.

 

Reactívase no ano 2005, sendo no 2007 cando, cun cambio na directiva, diversifica as súas actividades tornando nunha asociación máis activa en todas as áreas de traballo que engloban esta titulación.

 

Actualmente contamos con preto dun cento de asociados/as, xente nova con ganas de demostrar a súa valía profesional, de aprender e compartir experiencias.

 

 

 

Fins da asociación: 

 

xornaga ten como fin a ordenación desta profesión dentro do marco legal respectivo, a representación dela e a defensa dos intereses profesionais das persoas asociadas, e , para iso, desenvolve as seguintes accións:

 

Xuntar esforzos á hora de loitar polo recoñecemento das nosas competencias e capacidades profesionais.


Facilitar a incorporación ao mercado laboral.


Establecer relacións cos representantes da administración e de entidades privadas.


Organizar actividades dirixidas á formación e ao perfeccionamento profesional das persoas asociadas.


Estar ao día das novas do sector.

 
Subvenciona: dicoruna

Área privada

Contacta